HBSC ESPAÑA

Health Behaviour in School-aged Children

HBSC España 2006

O Estudo HBSC en España na súa edición de 2006 está apoiado e financiado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e da Igualdade.

O Estudo HBSC en España na súa edición de 2006 recolleu datos de 21.811 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 11 e os 18 anos, nun total de 1.119 aulas.

O método de mostras (aleatorio polietápico estratificado por conglomerados) permite xeneralizar os resultados obtidos á poboación de cada Comunidade ou Cidade Autónoma de xeito independente. Igualmente, os resultados son representativos por nivel de idade, titularidade do centro educativo (pública ou privada-concertada) e hábitat (rural e urbano) destas rexións.

A mostra aleatoria de aulas procede dun censo aportado polo Ministerio de Educación e Ciencia onde están recollidos todos os centros educativos españois.

Na recollida de datos participarán 30 bolseiros e bolseiras (relacionados co ámbito da Saúde ou Educación) adestrados especificamente para este labor.

Basicamente,empregaranse dous cuestionarios: un para os rapaces e rapazas de 11 anos (5º e 6º de primaria) e outro para o resto de adolescentes (1º a 4º da ESO, Grao Medio e 1º e 2º de Bacharelato).

Os cuestionarios inclúen preguntas comúns a 32 países que realizan a investigación conxuntamente, ademais de preguntas específicas decididas polo Equipo HBSC Español e o Ministeri de Sanitat i Política Social.

Coas preguntas comúns a toda a rede internacional do HBSC séguese un proceso de tradución-contratradución para asegurar a súa paridade entre linguas. No caso do cuestionario español e naqueles lugares onde se falan as dúas linguas oficiais (Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Cataluña, Navarra, País Vasco e Galicia), os cuestionarios foron presentados aos adolescentes impresos na súa totalidade nas dúas linguas, de xeito que eles podían elixir en cal preferían responder (se o abrían pola portada, facíano nunha lingua e, se lle daban a volta, a contraportada iniciábase coa versión na outra lingua).

A administración dos cuestionarios levouse a cabo dentro do horario escolar e ofrecendo ao alumnado garantías totais de anonimato (por exemplo, ao finalizar o cuestionario, incluírono eles mesmos nun sobre que se lles facilitou).

hbscorg pieGobierno de EspañaUniversidad de Sevilla