HBSC ESPAÑA

Health Behaviour in School-aged Children

HBSC España 2014

O Estudo HBSC en España, na súa edición de 2014, está apoiado e financiado polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

Nesta edición, recolléronse datos de máis de 30.000 mozos e mozas con idades comprendidas entre 11 e 18 anos nun total de 402 centros educativos.

O método de mostraxe (aleatorio polietápico estratificado por conglomerados) permite xeneralizar os resultados obtidos a nivel nacional. Así mesmo, os resultados son representativos en canto a niveis de idade (11-12, 13-14, 15-16 e 17-18 anos), comunidade autónoma e titularidade dos centros educativos (pública ou privada-concertada).

A mostra aleatoria de centros participantes procede dun censo achegado polo Ministerio de Educación onde están recollidos todos os centros educativos españois.Dende a edición de 2010 do estudo HBSC en España, incorpóranse  as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no procedemento de recollida de datos. É dicir, faise uso da internet como soporte para o cuestionario e ferramenta para que os escolares o completen e o envíen.

Os cuestionarios inclúen preguntas comúns aos máis de 40 países que realizan a investigación nesta edición, ademais de preguntas específicas decididas polo Equipo HBSC Español e o Ministerio de Sanidad y Servicios Sociales e Igualdad.

Coas preguntas comúns a toda a rede internacional HBSC, séguese un proceso de tradución-contratradución para asegurar a súa paridade entre as linguas.

Coma nas edicións anteriores, o cuestionario HBSC-2014 explora un abano de contidos moi amplo que non se detén nos estilos de vida, senón que abrangue tamén diferentes medidas de axuste psicolóxico e de calidade dos contextos nos que os adolescentes medran (familia, escola, iguais).

A administración dos cuestionarios levouse a cabo dentro do horario escolar coa supervisión do profesorado dos centros educativos, que dispoñían de instruccións claras e concisas sobre o proceso de recollida de datos, e ofrecendo ao alumnado garantías totais de anonimato.

HBSC España 1986-2000

España participou no estudo dende o ano 1985 en todas as edicións (seis coa actual) excepto na de 1997-1998. O primeiro Equipo HBSC español estivo dirixido polo Dr. Ramón Mendoza, quen exerceu como Investigador Principal dende a edición de 1985/86 ata a de 1997/98. A partir da edición de 2001/02 ata a actualidade o Equipo HBSC español está dirixido pola Dra. Carmen Moreno, profesora titular do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Sevilla.

HBSC España 2002

O Estudo HBSC en España na súa edición de 2002 foi apoiado e financiado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e da Igualdade.

Entrevistáronse mediante cuestionario persoal a 13.552 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 11 e os 18 anos, nun total de 612 aulas.

O método de mostras (aleatorio polietápico estratificado por conglomerados) permite xeneralizar os resultados obtidos á poboación española destas idades. Os resultados son representativos por nivel de idade, titularidade do centro educativo (pública ou privada-concertada) e hábitat (rural e urbano) destas rexións.

A mostra aleatoria de aulas procedía dun censo aportado polo Ministerio de Educación e Ciencia onde estaban recollidos todos os centros educativos españois.

Na recollida de datos participarán 18 bolseiros e bolseiras (relacionados co ámbito da Saúde ou Educación) adestrados especificamente para este labor.

Basicamente, empregáronse dous cuestionarios: un para os rapaces e rapazas de 11 anos (5º e 6º de primaria) e outro para o resto de adolescentes (1º a 4º de ESO, Grado Medio e 1º e 2º de Bacharelato).

Os cuestionarios contaban con preguntas comúns aos países que realizaron a investigación conxuntamente, ademais de preguntas específicas decididas polo Equipo HBSC Español e o Ministerio de Sanidade, Política Social e da Igualdade.

Coas preguntas comúns a toda a rede internacional do HBSC seguiuse un proceso de tradución-contratradución para asegurar a súa paridade entre linguas. No caso do cuestionario español e naqueles lugares onde se falan as dúas linguas oficiais (Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Cataluña, Navarra, País Vasco e Galicia), presentáronse aos adolescentes dous cuestionarios, un en cada lingua, para que puidesen elixir cal preferían responder.

A administración dos cuestionarios levouse a cabo dentro do horario escolar e ofrecendo ao alumnado garantías totais de anonimato (por exemplo, ao finalizar o cuestionario, incluírono eles mesmos nun sobre que se lles facilitou).

HBSC España 2006

O Estudo HBSC en España na súa edición de 2006 está apoiado e financiado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e da Igualdade.

O Estudo HBSC en España na súa edición de 2006 recolleu datos de 21.811 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 11 e os 18 anos, nun total de 1.119 aulas.

O método de mostras (aleatorio polietápico estratificado por conglomerados) permite xeneralizar os resultados obtidos á poboación de cada Comunidade ou Cidade Autónoma de xeito independente. Igualmente, os resultados son representativos por nivel de idade, titularidade do centro educativo (pública ou privada-concertada) e hábitat (rural e urbano) destas rexións.

A mostra aleatoria de aulas procede dun censo aportado polo Ministerio de Educación e Ciencia onde están recollidos todos os centros educativos españois.

Na recollida de datos participarán 30 bolseiros e bolseiras (relacionados co ámbito da Saúde ou Educación) adestrados especificamente para este labor.

Basicamente,empregaranse dous cuestionarios: un para os rapaces e rapazas de 11 anos (5º e 6º de primaria) e outro para o resto de adolescentes (1º a 4º da ESO, Grao Medio e 1º e 2º de Bacharelato).

Os cuestionarios inclúen preguntas comúns a 32 países que realizan a investigación conxuntamente, ademais de preguntas específicas decididas polo Equipo HBSC Español e o Ministeri de Sanitat i Política Social.

Coas preguntas comúns a toda a rede internacional do HBSC séguese un proceso de tradución-contratradución para asegurar a súa paridade entre linguas. No caso do cuestionario español e naqueles lugares onde se falan as dúas linguas oficiais (Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Cataluña, Navarra, País Vasco e Galicia), os cuestionarios foron presentados aos adolescentes impresos na súa totalidade nas dúas linguas, de xeito que eles podían elixir en cal preferían responder (se o abrían pola portada, facíano nunha lingua e, se lle daban a volta, a contraportada iniciábase coa versión na outra lingua).

A administración dos cuestionarios levouse a cabo dentro do horario escolar e ofrecendo ao alumnado garantías totais de anonimato (por exemplo, ao finalizar o cuestionario, incluírono eles mesmos nun sobre que se lles facilitou).

HBSC España 2010

O Estudo HBSC en España, na súa edición de 2009-2010, está apoiado e financiado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e da Igualdade.

Nesta edición recolléronse datos de 11.230 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 11 e os 18 anos, nun total de 135 centros educativos.

O método de recollida de mostras (aleatorio polietápico estratificado por conglomerados) permite xeneralizar os resultados obtidos a nivel nacional. Así mesmo, os resultados son representativos en canto a niveis de idade (11-12, 13-14, 15-16 e 17-18 anos), zona xeográfica (norte, centro, leste e sur) e titularidade dos centros educativos (pública ou privada-concertada).

A mostra aleatoria de centros participantes procede dun censo aportado polo Ministerio de Educación, onde están recollidos tódolos centros educativos españois.

O procedemento de recollida de datos nesta edición caracterizouse pola incorporación das novas tecnoloxías da información e comunicación (TICs), o que supón un avance respecto a edicións anteriores.

Basicamente, empregáronse tres tipos de cuestionarios: un para os rapaces e rapazas de 11-12 anos (5º e 6º de primaria), outro para os de 13-14 anos (1º e 2º de ESO) e un terceiro para o resto de adolescentes (3º e 4º de ESO, Ciclos Formativos de Grado Medio, 1º e 2º de Bacharelato e PCPI).

Os cuestionarios inclúen preguntas comúns aos máis de 40 países que realizan a investigación nesta edición, ademais de preguntas específicas decididas polo Equipo HBSC Español e o Ministerio de Sanidade, Política Social e da Igualdade.

Coas preguntas comúns a toda a rede internacional HBSC séguese un proceso de tradución-contratradución para asegurar a súa paridade entre as linguas.

A administración dos cuestionarios levouse a cabo dentro do horario escolar coa supervisión do profesorado dos centros educativos, os cales dispuñan de instrucións claras e concisas sobre o proceso de recollida de datos, e ofrecendo ao alumnado garantías totais de anonimato.

hbscorg pieGobierno de EspañaUniversidad de Sevilla