HBSC ESPAÑA

Health Behaviour in School-aged Children

HBSC Internacional

hbscOs equipos de traballo de cada país están compostos por investigadores adscritos a disciplinas diversas relacionadas coa saúde (antropoloxía, bioloxía, educación, medicina, psicoloxía, socioloxía, traballo social, etc.) e en ámbitos de traballo tamén diferentes (universidades, hospitais, institutos públicos ou privados de investigación, etc.), algo que sen dúbida se acaba plasmando en todos e cada un dos produtos do estudo.

Estes equipos reúnense dúas veces ao ano (outono e primavera) para discutir e acordar todo aquilo relacionado co estudo.

En cada reunión realízanse sesións plenarias ás que acoden todos os asistentes ao encontro e sesións de traballo temáticas. Nas sesións temáticas (reunións por "Focus Group") discútense e acórdanse os contidos relacionados cunha área de coñecemento concreto.Cada unha destas sesións ten un coordinador. Nestes momentos existen 10 áreas temáticas no HBSC: Actividade física, Alimentación e dieta, Capital social, Condutas de risco, Contexto escolar, Cultura familiar, Cultura dos iguais, Desigualdade social, Prevención de violencia e accidentes, Saúde positiva. Ademais, existen 7 eixos temáticos transversais que son: Xénero, Puberdade, Maltrato entre iguais, Saúde sexual, Tendencias Evolutivas, Obesidade e Consumo de Medicamentos.

Ademais dos grupos temáticos, a estrutura organizativa do HBSC conta co SDG (Grupo de Desenvolvemento Científico), o PDG (Grupo de Desenvolvemento de Políticas) e o MDG (Grupo de Desenvolvemento Metodolóxico).

hbscorg pieGobierno de EspañaUniversidad de Sevilla